-PMF-

Preguntas frecuentes

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.

A solicitude ten que formalizarse mediante o formulario accesíbel a través do seguinte enderezo web becasfp.fundacionrepsol.com

Si, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña.

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 2 de xullo e se estenderá até o 16 de outubro de 2018.

O requisito para solicitar unha bolsa é estar matriculado, ter feito una preinscrición ou unha reserva nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: A Coruña, Arteixo, Cartagena, La Unión, Abanto-Zierbena, Muskiz e Zierbena, Puertollano, Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca.

Si, sempre que o estudante reúna os requisitos indicados nas bases legais.

Podes escribir a través da túa Área Persoal ou a través de HelpDesk

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico. Só se admiten solicitudes recibidas a través da plataforma en liña.

Explicación das razóns polas que o estudante solicita unha bolsa

As reclamacións presentaranse por escrito a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) dirixidas ao Comité de Selección. O prazo para a presentación dunha reclamación será de 5 días hábiles unha vez recibido o correo electrónico de comunicación.

Podes poñerte en contacto cos xestores do programa a través de HelpDesk

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases e que conteña tódolos documentos requiridos no apartado Documentación a axuntar. A ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados supón a invalidez da solicitude.

O estudante recibirá un cheque bancario nominativo polos importes referidos que será enviado por correo ordinario ao enderezo que indique no formulario de solicitude

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando a preadxudicación. Cando se reciba esta notificación, será necesario que o estudante envíe o Documento de Aceptación da bolsa asinado e escaneado nun prazo máximo de 5 días. Si non se recibe o documento no devandito prazo, perderá o dereito á bolsa. O estudante recibirá un novo correo electrónico confirmando a adxudicación formal da bolsa.

Si, pódese comprobar, mais en ningún momento poderá ser modificada.

O estudante recibirá o abono correspondente á beca en dous prazos: o primeiro en novembro e o segundo en outubro do seguinte ano tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais.

Ademais, o estudante bolseiro pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2018

O estudante non recibirá a 2ª parte do abonamento das bolsas correspondentes a 500 €

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando o envío da solicitude.

Pódese recuperar no apartado «Recuperar contrasinal»

Si, o estudante pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2016 Se poderá solicitar a través do apartado «Comunicacións» da plataforma e enviarase por correo postal.

Dende calquera dispositivo, a plataforma está adaptada a un nivel de accesibilidade AA

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados ou a ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

  • Solicitar unha bolsa
  • Consultar o estado da solicitude
  • Comunicar calquera incidencia
  • Aportar documentación requirida
  • Realizar consulta ou solicitar axuda

Si, é compatíbel con calquera outra bolsa, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

  • A obtención doutras bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración, ente público ou privado
  • A anulación de matrícula ou a baixa no centro educativo
  • Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa.

As comunicacións realizaranse a través da conta de usuario, no apartado «Comunicacións».

Os seguintes documentos enviaranse escaneados ou en formato pdf ou imaxe (jpg ou gif) nun ficheiro que non supere os 2MB

  • Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.
  • Certificación académica oficial emitida polo centro educativo no que se cursaron os estudos que permiten o acceso ao ciclo formativo.
  • DNI ou NIE

E, se procede, nos casos previstos:

  • Libro de familia
  • Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)
  • Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores
  • Certificado de desemprego do estudante
  • Certificado/s o de prestación de xubilación
  • Xustificación de ter obtido outra bolsa

Cálculo da nota media do expediente académico: calcúlase coas cualificacións numéricas finais do curso académico que dan acceso ao CFGM ou CFGS obtidas polos estudantes na escala 0 a 10 segundo o seguinte baremo:

  •     Matrícula de honor: 10 puntos
  •     Sobresaínte: 9 puntos
  •     Notable: 7,5 puntos
  •     Aprobado ou apto: 5,5 puntos
  •     Suspenso, non presentado ou non apto: 2,5 puntos
  •     non se conta a materia de relixión nin as materias sen puntuación numérica (Apto, Validado, Exento).

Nota media aritmética = dividir o núm. total de puntos obtidos entre o núm. total de materias (dous decimais)

Un dos requisitos é ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1981, é dicir, ter 35 anos ou menos no 2018.

O abonamento da bolsa farase en dous prazos: o 1º prazo de 300 € en novembro; e o 2º prazo de 500 €, outubro do ano seguinte, tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais. Os abonamentos realizaranse preferibelmente mediante transferencia bancaria unha vez comprobada a orixinalidade dos documentos enviados.