NOSO COMPROMISO

O programa de Bolsas de Formación Profesional é unha iniciativa da Fundación Repsol en colaboración coas entidades Repsol Petróleo, S. A. e Petróleos del Norte (Petronor).

Este programa enmárcase no noso compromiso de atender as novas demandas formativas e educativas, contribuíndo á promoción da formación profesional como opción educativa, e como consecuencia, fomentar a empregabilidade e a inserción laboral entre os novos estudantes das contornas de influencia dos Complexo Industriais de Repsol e Petronor.

En total, concederanse até 100 bolsas de FP que recibirán unha achega económica de 800 € cada unha.

As bolsas están destinadas a estudantes que cursen ciclos de Grao Medio ou Superior nas ramas profesionais definidas na convocatoria

Os estudantes interesados en optar a algunha das bolsas ofertadas deberán estar matriculados en centros educativos das localidades das contornas dos Complexos Industriais de Repsol e Petronor na Coruña, Arteixo, Cartagena, La Unión, Puertollano, Tarragona, Reus, Valls, Vila-seca, Abanto-Zierbena, Muskiz e Zierbena.