BASES LEGAIS DA CONVOCATORIA - BOLSAS FORMACIÓN PROFESIONAL

Curso 2017/18

 

ÍNDICE

  1. Obxecto das bolsas

  2. Requisitos dos candidatos

  3. Contía e distribución das bolsas

    1. Abono das bolsas

    2. Acreditación

  4. Presentación de solicitudes e prazos

    1. Modelo de solicitude e documentación a presentar

    2. Prazo de presentación

  5. Selección e adxudicación das bolsas

    1. Condicións xerais

    2. Criterios de adxudicación das bolsas

    3. Reclamacións

  6. Obrigacións dos bolseiros

    1. Aceptación das bases

  7. Tratamento dos datos

  8. Calendario do proceso

 

 

1) OBXECTO DAS BOLSAS

 

O Programa de Bolsas de Formación Profesional é unha iniciativa da Fundación Repsol en colaboración coas entidades:

 

As becas de Formación Profesional teñen como obxectivo promover e facilitar a formación profesional como unha opción educativa e como consecuencia mellorar a súa capacidade de empregabilidade e inserción laboral

 

Outorgaranse un total de 100 bolsas a estudantes matriculados en centros educativos das seguintes 12 localidades das contornas dos Complexos Industriais ubicados en Cartagena, A Coruña, Puertollano e Tarragona, propiedade de Repsol, e en Muskiz, de Petronor.

 

O obxectivo é colaborar cos gastos reais de ensino dos estudantes bolseiros, por iso a dotación das bolsas estará destinada a sufragar o tipo de gastos xerados, entre outros por: cotas reguladas de formación; transporte; ferramentas obrigatorias para os talleres; material escolar; libros de texto; custos dos certificados de cualificación cando non sexan gratuítos, comedor e/ou manutención en caso de dificultade horaria; cotas por servizos complementarios do centro: centros de atención familiar, servizo médico do centro, biblioteca, carné escolar, plataformas educativas.

 

Estas bolsas con compatibles con outras bolsas concedidas por unha institucións ou organismos de carácter público ou privado, mais cómpre que o estudante o indique.

 

2) REQUISITOS DOS CANDIDATOS

 

Os aspirantes ás bolsas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Cubrir o formulario de solicitude en liña accesíbel en www.becasfp.fundacionrepsol.com con veracidade e axuntando a documentación que se lle solicite.

  2. Estar matriculado, ter feito unha preinscrición ou unha reserva de praza en ensinanzas de Formación profesional nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: A Coruña, Arteixo, Cartagena, La Unión, Abanto-Zierbena, Muskiz e Zierbena, Puertollano, Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca.

  3. Ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1981.

  4. Estar en posesión do correspondente título académico, ter superado as probas de acceso aos cursos ponte correspondentes que permitan a matriculación nalgún dos Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior (CFGM ou CFGS). No caso de renovación da bolsa, ter superado a totalidade dos módulos profesionais do curso anterior ao curso 2017/2018.

  5. Estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente. Quedan excluídos de optar á bolsa os estudantes que vaian a cursar soamente as prácticas obrigatorias do curso (FCT), FP Dual e/ou o módulo de Proxecto. Quedan excluídos no caso de renovación da bolsa, os estudantes que durante o curso anterior non estivesen matriculados na totalidade dos módulos profesionais do curso correspondente ao ciclo formativo que lles deu acceso á bolsa.

  6. Non estar repetindo curso.

 

De acordo coa política definida polo Grupo Repsol e a súa Fundación en materia de integración social e laboral das persoas con discapacidade, en cada contorna xeográfica correspondente a un Complexo industrial reservarase un 10 % das bolsas para os estudantes cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % a condición de que cumpran o resto de requisitos.

 

Notas:

* Non será requisito que o estudante estea empadroado nos municipios indicados

* Non se limita a nacionalidade do estudante (español, comunitario ou extracomunitario)

* Non será excluínte que o estudante teña outro título superior ou universitario

* Esta bolsa é compatíbel con outras bolsas concedidas por institucións públicas e/ou privadas

 

 

3) CONTÍA E DISTRIBUCIÓN DAS BOLSAS

 

Outorgarase un total de 100 bolsas, 20 en cada un dos Complexos Industriais en Bilbao-Petronor, Cartagena, A Coruña, Puertollano e Tarragona e coas seguintes contías:

 

Familias profesionais

Recibirán as bolsas os estudantes das seguintes familias profesionais:

 

Os estudantes comezarán a gozar da bolsa durante o curso 2017/18. A bolsa aplícase a un curso académico, aínda que Fundación Repsol, Repsol Petróleo e Petronor ofrecen a posibilidade de renovar no curso 2018/19 as bolsas concedidas aos estudantes bolseiros no curso 2017/18 para asegurar que poidan continuar co ciclo formativo, a condición de que se inscriban na nova convocatoria e cumpran os requisitos establecidos.

 

3.1. Abono das bolsas

 

Unha vez seleccionado o estudante, o importe económico da bolsa entregarase da forma seguinte:

No caso de que o estudante non supere todos os módulos profesionais, deuse de baixa no centro educativo ou se teña anulado a matrícula, non recibirá a transferencia deste segundo pagamento.

 

O mellor estudante dos graos formativos medios e o mellor estudante dos graos formativos superiores, en cada ámbito xeográfico, recibirán en outubro de 2017 unha gratificación adicional en recoñecemento ao seu esforzo por importe de trescentos Euros (300 €), a condición de que superen un 8,5 de nota media. No caso de que varios estudantes sexan considerados o mellor por igualdade de calificacións, o bonus repartirase entre eles.

 

O abonamento das bolsas farase preferibelmente mediante transferencia bancaria unha vez comprobada a orixinalidade dos documentos enviados e recibido o documento de aceptación da bolsa asinado polo beneficiario.

 

As entidades promotoras do Programa de Bolsas non asumen ningún tipo de responsabilidade polo atraso no pagamento das cantidades citadas no caso de que se produza, por parte do beneficiario, un atraso na entrega da documentación e información solicitada. No caso de que o estudante sexa menor de idade ou non teña conta bancaria propia, senón familiar, faráselle entrega dun cheque bancario nominal polos importes referidos que se lle enviará por correo ordinario ao enderezo que indique no formulario de solicitude.

 

Sobre as cantidades a percibir polo estudante bolseiro, Fundación Repsol aplicará as retencións tributarias que resulten esixíbeis en cada caso de acordo coa normativa fiscal aplicábel.

 

3.2 Acreditación

 

Fundación Repsol e os Complexos Industriais poderán emitir a nome de cada estudante bolseiro un certificado no que conste que foi beneficiario dunha bolsa.

 

A solicitude deste certificado realizarase a través da plataforma en liña, na Área persoal do estudante - apartado Comunicacións, e se lle enviará por correo postal aio enderezo indicado no formulario de inscrición.

 

4) PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOS

 

4.1. Modelo de solicitude e documentación a presentar

 

A solicitude se deberá cubrir mediante o formulario accesíbel a través do seguinte enderezo web www.becasfp.fundacionrepsol.com, e deberá incluír a seguinte documentación en formato pdf ou imaxe (jpg, gif), nun ficheiro que non supere os 2MB:

 

  1. Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.

  2. Certificación académica oficial emitida polo centro educativo no que se cursaron os estudos que permiten o acceso ao ciclo formativo.

  3. DNI ou NIE

 

E se procede nos casos previstos, deberá axuntar os seguintes documentos en formato pdf ou imaxe (jpg, gif), nun ficheiro que non supere os 2MB:

 

  1. Libro de familia

  2. Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)

  3. Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores

  4. Certificado de desemprego do estudante

  5. Certificado/s o de prestación de xubilación

  6. Xustificación de ter obtido outra bolsa

 

Cando o estudante cubra o formulario e aporte tódolos documentos requiridos no apartado Documentación a axuntar, o solicitante poderá enviar á súa solicitude en liña. Recomendamos que se revise coidadosamente a información e documentación aportada, dado que unha vez enviada a solicitude, non se poderá modificar, nin se poderá engadir ningunha outra documentación. Non se admitirán outras formas de envío da documentación distintas á plataforma en liña.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases, e se excluirán os candidatos que non reúnan os requisitos establecidos nestas, así como as solicitudes dos candidatos que non conteñan tódolos datos requiridos, non axunten a documentación solicitada ou estean cubertas de forma errónea ou non veraz.

 

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico.

 

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos.

 

A falsedade dos datos aportados ou a ausencia de determinados datos ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente suporá a invalidez da solicitude.

 

4.2. Prazo de presentación

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de xullo e se estenderá até o 16 de outubro de 2017.

 

A solicitude da bolsa presentarse nos prazos indicados e non se admitirán as solicitudes enviadas fora de prazo ou por outros medios diferentes aos indicados anteriormente.

 

5) SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS

 

O proceso de selección e adxudicación de bolsas desenvólvese nun réxime de concorrencia competitiva que implica que as inscricións serán avaliadas ao mesmo tempo e cos mesmos criterios tendo todos os estudantes presentados as mesmas oportunidades.

 

A adxudicación das bolsas realizarase por unha Comisión de Selección que estará formada por 2 representantes do Complexo Industrial correspondente e 2 representantes de Fundación Repsol. A devandita Comisión avaliará as solicitudes e a documentación aportada e adxudicará as bolsas en virtude dos criterios establecidos e publicados nesta convocatoria.

 

O Comité de Selección poderá declarar deserta, total ou parcialmente, a adxudicación das bolsas por falta de candidatos que cumpran os requisitos e os criterios de selección.

 

Concluído o prazo previsto na convocatoria, e conforme ao proceso descrito, o Comité de Selección comunicará por correo electrónico a cada estudante a preadxudicación e a adxudicación formal das bolsas.

 

Unha vez preadxudicada a bolsa, e dentro do prazo que se lle indique na comunicación de adxudicación, o estudante deberá aportar a través da plataforma en liña o seguinte:

 

O candidato poderá descargarse este documento dende a Área Persoal do estudante e unha vez asinado e escaneado, en formato pdf ou imaxe (jpg, gif) e nun ficheiro que non supere os 2MB, deberase enviar a través da plataforma dende o Apartado Comunicacións. O candidato disporá dun prazo de 5 días dende a recepción da comunicación de preadxudicación da bolsa para remitir esta documentación. No caso de que non realice este trámite no prazo indicado, o candidato perderá o seu dereito á bolsa. Non se procederá ao primeiro pagamento da bolsa sen recibir este documento.

 

 

Feitos ambos trámites, o candidato seleccionado recibirá a confirmación por correo electrónico da adxudicación da bolsa.

 

5.1. Criterios de adxudicación das bolsas

 

A adxudicación das bolsas sigue un sistema de puntuación, en base aos criterios que se indican a continuación: A puntuación final outorgada a cada un dos solicitantes para adxudicar as bolsas será a suma dos seguintes elementos baremados acordo ao seguinte:

 

Total puntos

100

ptos

Criterios académicos

máx 40

ptos

Criterios económicos

máx 30

ptos

Outras circunstancias persoais e/ou familiares

máx 30

ptos

 


 

Criterios académicos: máximo 40 puntos

Valorarase a nota media aritmética do expediente académico

 

Criterios académicos

40

máx

Nota media ≥ 9,5

40

ptos

Nota media entre 9,4 - 8,5

30

ptos

Nota media entre 8,4 - 7,5

20

ptos

Nota media entre 7,4 - 6,5

10

ptos

Nota media entre 6,4 - 5,0

5

ptos

 

Documentación necesaria: certificación académica oficial emitida polo centro educativo no que se cursaron os estudos que permiten o acceso ao ciclo formativo.

 

Criterios económicos: máximo 30 puntos

Valoraranse as circunstancias indicadas a continuación:

 

Situación económica

30

máx

Pais ou titores legais desempregados

10

máx

Pai ou nai (ou titor) desempregado

5

ptos

Pai e mai desempregados*

10

ptos

Pais ou titores legais pensionistas

10

máx

Pai ou nai (ou titor) pensionista

5

ptos

Pai e mai pensionistas*

10

ptos

Estudante desempregado en busca activa de emprego

10

ptos

Ser beneficiario doutra bolsa (neste caso penalizarase o feito de ter outras axudas)

(-5)

ptos

*as familias monoparentais se equiparan ás situacións de pai e nai.

 

Documentación necesaria: certificado/s de desemprego e de prestación de xubilación e xustificante de ter obtido outras bolsas.


 

Outras circunstancias persoais e/ou familiares: máximo 30 puntos.

Valoraranse as circunstancias persoais indicadas a continuación:

 

Outras circunstancias

30

máx

Acceso a primeira titulación de FP de estudos superiores

2

ptos máx

Motivación persoal

8

ptos máx

Distancia entre a residencia/domicilio ao centro de estudios

5

máx

> 50 km

5

ptos

De 50 a 20 km

4

ptos

De 20 a 10 km

3

ptos

De 10 a 5 km

2

ptos

< 5 km

1

ptos

Alumnos con con fillos ao seu cargo

5

máx

2 fillos ou máis

5

ptos

1 fillo

3

ptos

Familia numerosa ou monoparental con 2 ou máis fillos

5

ptos

Orfandade ou fogar monoparental

5

máx

Orfandade total

5

ptos

Orfandade 1 membro ou fogar monoparental

3

ptos

 

Documentación necesaria: libro de familia, carta de motivación

 

5.2. Reclamacións

 

As reclamacións sobre a selección ou non dos estudantes presentaranse por escrito a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) dirixidas ao Comité de Selección. Para iso, os estudantes terán un prazo de 5 días hábiles unha vez recibido o correo electrónico de comunicación da preadxudicación ou non da bolsa. O mesmo prazo aplicará para as reclamacións que procedan en relación á adxudicación final ou non desta.

 

O Comité de Selección tramitará as reclamacións e dará resposta ao estudante xustificando a decisión tomada en función dos criterios establecidos. Con este proceso finalizaría o mecanismo de reclamación e o estudante renunciaría a todo tipo de acción xudicial ou extraxudicial contra as decisións do Comité de Selección.

 

Non se admitirán reclamacións nin comunicacións que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico.

 


 

6) OBRIGACIÓNS DOS CANDIDATOS

 

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a:

 

  1. Destinar a dotación da bolsa á finalidade para a que se concede, entendéndose por tal colaborar cos gastos reais da ensinanza detallados no punto 1.

  2. Acreditar ante as entidades concedentes o cumprimento dos requisitos e as condicións que determinen a concesión ou goce da bolsa.

  3. Someterse ás actuacións de comprobación precisas para verificar, no seu caso, o cumprimento e efectividade de condiciones determinantes da concesión da beca.

  4. Declarar o feito de estar en posesión ou en condicións de obter un título académico do mesmo ou superior nivel de estudos.

  5. Comunicar a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) a obtención doutras bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración, ente público ou privado

  6. Poñer en coñecemento a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) a anulación de matrícula, a baixa no centro educativo así como calquera alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da beca.

 

6.1. Aceptación das bases legais

 

A simple presentación da solicitude e inscrición na convocatoria de Bolsas FP Fundación Repsol supón a total aceptación destas bases por parte dos participantes

 

7) TRATAMENTO DOS DATOS

 

Os datos de carácter persoal proporcionados polo solicitante na solicitude ou en calquera momento ao longo do proceso de adxudicación e goce da bolsa, xa sexa a través de información que facilite ou documentación que aporte, serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos titularidade de Fundación Repsol inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, e serán tratados de forma absolutamente confidencial. A finalidade de devandito ficheiro é a xestión das convocatorias de bolsas e axudas a estudantes e a remisión de comunicacións informativas por vía electrónica ou non, relativas á Convocatoria de bolsas.

 

O candidato declara coñecer e consente, expresamente, á comunicación dos seus datos ás entidades Repsol Petróleo, S. A. e Petróleos do Norte, S. A. e destas a Fundación Repsol na medida en que sexa necesario para a adecuada xestión da Convocatoria e seguimento da bolsa. A información que as entidades comuniquen tratarase de forma confidencial e non se aplicará cunha finalidade distinta ao previsto nesta cláusula. Repsol Petróleo, S. A. e Petróleos del Norte, S. A. serán responsábeis, respectivamente, do seu propio ficheiro automatizado de datos de carácter persoal que terá coma finalidade a adecuada xestión da Convocatoria, o seguimento dos procesos de selección dos alumnos e a concesión das bolsas e axudas a estudantes.

 

Os datos almacenados e tratados non se borrarán unha vez finalizada a Convocatoria de Bolsas, conservándose por tempo indefinido para manter un histórico das distintas convocatorias.

 

O solicitante poderá, en calquera momento, acceder a calquera dos ficheiros descritos coa finalidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos seus datos de carácter persoal. Os devanditos dereitos se poderán exercer gratuitamente mediante comunicación escrita dirixida a:

 

 

O candidato tamén poderá exercer os seus dereitos a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións).

 

 

8) CALENDARIO DO PROCESO

 

Curso 2016/17

 

Acción

Data

Comunicación e difusión da nova convocatoria e plataforma

mai-xun-xul 2017

Plataforma aberta para recepción de solicitudes

1 xul - 16 out 2017

Periodo de subsanación de documentación

16-31 out 2017

Comunicación adxudicación bolsas

2ª sem o nov 2017

Primeiro pagamento

3ª sem nov 2017

Plataforma aberta para envío de notas/exp. acad

1 xul - 30 set 2018

2º pagamento e pagamento gratificación

1ª sem xul e/ou set/out 2018