BOLSAS FP

A CORUÑA

CURSO 2019/2020

Solicita a túa bolsa cubrindo o seguinte formulario de inscrición.

Condicións

Os aspirantes ás bolsas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Cubrir o formulario de solicitude anexando a documentación que se lle solicite.

  2. Estar matriculado, ter feito unha preinscrición ou unha reserva de praza en ensinanzas de Formación profesional nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: A Coruña e Arteixo.

  3. Ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1983.

  4. Estar en posesión do correspondente título académico, ter superado as probas de acceso aos cursos ponte correspondentes que permitan a matriculación nalgún dos Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior (CFGM ou CFGS). No caso de renovación da bolsa ou estar no segundo curso do ciclo formativo, ter superado a totalidade dos módulos profesionais do curso anterior ao curso 2019/20.

  5. Estar matriculado do curso completo. Quedan excluídos de optar á bolsa os estudantes que vaian a cursar soamente as prácticas obrigatorias do curso (FCT), FP Dual e/ou o módulo de Proxecto.

  6. Non estar repetindo curso.

 

De acordo coa política definida por Repsol e a súa Fundación en materia de integración social e laboral das persoas con discapacidade, resérvase un 10 % das bolsas para os estudantes cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % a condición de que cumpran o resto de requisitos.

Recibirán bolsa 20 estudantes que cursen algunha titulación das seguintes familias profesionais:

  • Electricidade/Electrónica

  • Fabricación mecánica

  • Instalacións e mantemento

  • Edificación e obra civil

  • Enerxía e auga

  • Química

  • Informática e comunicacións

  • Administración e xestión

  • Comercio e márketing

  • Sanidade

  • Seguridade e Medio Ambiente

Outorgaranse un total de 20 bolsas para os alumnos matriculados en ensinanzas de Formación Profesional nalgún dos centros educativos da A Coruña e Arteixo.

Ofértanse:

  • 5 bolsas para Ciclos Formativos de Grao Medio (CFGM) cun importe de 800 € para cada unha

  • 15 bolsas para Ciclos Formativos de Grao Superior (CFGS) cun importe de 800 € para cada unha

 

A bolsa é compatíbel con outras bolsas concedidas por unha institución ou organismo de carácter público ou privado, mais cómpre que o estudante o indique.

O solicitante deberá rexistrarse previamente na web (enlace directo a página inscripción) para poder acceder ao formulario en liña e cubrir a solicitude. A solicitude deberá incluír os seguintes documentos en formato pdf ou imaxe (jpg ou gif) nun ficheiro que non supere os 2MB:

 

  1. Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.

  2. Notas académicas do curso 2018/19, ou último curso realizado , emitidas polo centro educativo previo ao curso para o que solicita a bolsa

  3. Fotocopia DNI ou NIE polas dúas caras

 

E, se procede nos casos previstos, deberanse anexar os seguintes documentos escaneados:

 

  1. Libro de familia

  2. Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)

  3. Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores

  4. Certificado de desemprego do estudante

  5. Certificado/s o de prestación de xubilación

Non se baremarán criterios que non estean xustificados documentalmente

Recomendamos que se revise coidadosamente a información e documentación aportada, dado que unha vez enviada a solicitude, non se poderá modificar, nin se poderá engadir ningunha outra documentación.

 

Lembra:

Non se admitirán outras formas de envío da documentación distintas á plataforma en liña

 

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases, e se excluirán os candidatos que non reúnan os requisitos establecidos nestas, así como as solicitudes dos candidatos que non conteñan tódolos datos requiridos, non axunten a documentación solicitada ou estean cubertas de forma errónea ou non veraz.

 

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos.

 

A falsidade dos datos aportados ou a ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente supón a invalidez da solicitude.

 

A simple presentación da solicitude supón a aceptación íntegra e sen reservas das presentes Bases Legais para a Convocatoria de Becas de Formación Profesional. (enlace al pdf Bases Legales)

 

Prazo de presentación

O prazo para presentar a solicitude será do 30 de maio até o 16 de outubro de 2019.

 

A solicitude da bolsa presentarse nos prazos indicados e non se admitirán as solicitudes enviadas fora de prazo ou por outros medios aos indicados anteriormente.

O proceso de selección e adxudicación de bolsas desenvólvese nun réxime de concorrencia competitiva que implica que as inscricións serán avaliadas ao mesmo tempo e cos mesmos criterios tendo todos os estudantes presentados as mesmas oportunidades.

 

Criterios de adxudicación das bolsas

A adxudicación das bolsas segue o sistema de puntuación que se pode consultar en detalle nas Bases Legais

PMF

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.

A solicitude ten que formalizarse mediante o formulario accesíbel a través do seguinte enderezo web becasfp.fundacionrepsol.com

Si, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña.

O requisito para solicitar unha bolsa é estar matriculado, ter feito una preinscrición ou unha reserva nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: A Coruña, Arteixo, Cartagena, La Unión, Abanto-Zierbena, Muskiz e Zierbena, Puertollano, Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca.

Si, sempre que o estudante reúna os requisitos indicados nas bases legais.

Podes escribir a través da túa Área Persoal ou a través de HelpDesk

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico. Só se admiten solicitudes recibidas a través da plataforma en liña.

Explicación das razóns polas que o estudante solicita unha bolsa

As reclamacións presentaranse por escrito a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) dirixidas ao Comité de Selección. O prazo para a presentación dunha reclamación será de 5 días hábiles unha vez recibido o correo electrónico de comunicación.

Podes poñerte en contacto cos xestores do programa a través de HelpDesk

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases e que conteña tódolos documentos requiridos no apartado Documentación a axuntar. A ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados supón a invalidez da solicitude.

O estudante recibirá un cheque bancario nominativo polos importes referidos que será enviado por correo ordinario ao enderezo que indique no formulario de solicitude

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando a preadxudicación. Cando se reciba esta notificación, será necesario que o estudante envíe o Documento de Aceptación da bolsa asinado e escaneado nun prazo máximo de 5 días. Si non se recibe o documento no devandito prazo, perderá o dereito á bolsa. O estudante recibirá un novo correo electrónico confirmando a adxudicación formal da bolsa.

Si, pódese comprobar, mais en ningún momento poderá ser modificada.

O estudante non recibirá a 2ª parte do abonamento das bolsas correspondentes a 500 €

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando o envío da solicitude.

Pódese recuperar no apartado «Recuperar contrasinal»

Dende calquera dispositivo, a plataforma está adaptada a un nivel de accesibilidade AA

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados ou a ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

  • Solicitar unha bolsa
  • Consultar o estado da solicitude
  • Comunicar calquera incidencia
  • Aportar documentación requirida
  • Realizar consulta ou solicitar axuda

Si, é compatíbel con calquera outra bolsa, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

  • A obtención doutras bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración, ente público ou privado
  • A anulación de matrícula ou a baixa no centro educativo
  • Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa.

As comunicacións realizaranse a través da conta de usuario, no apartado «Comunicacións».

Cálculo da nota media do expediente académico: calcúlase coas cualificacións numéricas finais do curso académico que dan acceso ao CFGM ou CFGS obtidas polos estudantes na escala 0 a 10 segundo o seguinte baremo:

  •     Matrícula de honor: 10 puntos
  •     Sobresaínte: 9 puntos
  •     Notable: 7,5 puntos
  •     Aprobado ou apto: 5,5 puntos
  •     Suspenso, non presentado ou non apto: 2,5 puntos
  •     non se conta a materia de relixión nin as materias sen puntuación numérica (Apto, Validado, Exento).

Nota media aritmética = dividir o núm. total de puntos obtidos entre o núm. total de materias (dous decimais)

O abonamento da bolsa farase en dous prazos: o 1º prazo de 300 € en novembro; e o 2º prazo de 500 €, outubro do ano seguinte, tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais. Os abonamentos realizaranse preferibelmente mediante transferencia bancaria unha vez comprobada a orixinalidade dos documentos enviados.

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 30 de maio e se estenderá até o 16 de outubro de 2019.

Un dos requisitos é ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1983, é dicir, ter 35 anos ou menos no 2019.

Os seguintes documentos enviaranse escaneados ou en formato pdf ou imaxe (jpg ou gif) nun ficheiro que non supere os 2MB

  • Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.
  • Notas académicas do curso 2018/19, ou último curso realizado , emitidas polo centro educativo previo ao curso para o que solicita a bolsa.
  • Fotocopia DNI ou NIE polas dúas caras

E, se procede, nos casos previstos:

  • Libro de familia
  • Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)
  • Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores
  • Certificado de desemprego do estudante
  • Certificado/s o de prestación de xubilación

Non se baremarán criterios que non estean xustificados documentalmente

O estudante recibirá o abono correspondente á beca en dous prazos: o primeiro en novembro e o segundo en outubro do seguinte ano tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais.

Ademais, o estudante bolseiro pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2019

Si, o estudante pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2019 Se poderá solicitar a través do apartado «Comunicacións» da plataforma e enviarase por correo postal.