BOLSAS FP

TARRAGONA

CURSO 2018/2019

O prazo para solicitar unha bolsa de FP para o curso 2018/2019 xa finalizou.

Condicións

Os aspirantes ás bolsas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Cubrir o formulario de solicitude anexando a documentación que se lle solicite.

  2. Estar matriculado, ter feito unha preinscrición ou unha reserva de praza en ensinanzas de Formación profesional nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca

  3. Ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1982.

  4. Estar en posesión do correspondente título académico, ter superado as probas de acceso aos cursos ponte correspondentes que permitan a matriculación nalgún dos Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior (CFGM ou CFGS). No caso de renovación da bolsa ou estar no segundo curso do ciclo formativo, ter superado a totalidade dos módulos profesionais do curso anterior ao curso 2018/2019.

  5. Estar matriculado do curso completo. Quedan excluídos de optar á bolsa os estudantes que vaian a cursar soamente as prácticas obrigatorias do curso (FCT), FP Dual e/ou o módulo de Proxecto.

  6. Non estar repetindo curso.

 

De acordo coa política definida por Repsol e a súa Fundación en materia de integración social e laboral das persoas con discapacidade, resérvase un 10 % das bolsas para os estudantes cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % a condición de que cumpran o resto de requisitos.

Recibirán bolsa 20 estudantes que cursen algunha titulación das seguintes familias profesionais:

  • Electricidade/Electrónica

  • Fabricación mecánica

  • Instalacións e mantemento

  • Edificación e obra civil

  • Enerxía e auga

  • Química

  • Informática e comunicacións

  • Administración e xestión

  • Comercio e márketing

  • Sanidade

  • Seguridade e Medio Ambiente

Un total de 20 bolsas adxudicaranse a estudantes matriculados en formación profesional nun dos centros educativos de Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca.

Ofértanse:

  • 5 bolsas para Ciclos Formativos de Grao Medio (CFGM) cun importe de 800 € para cada unha

  • 15 bolsas para Ciclos Formativos de Grao Superior (CFGS) cun importe de 800 € para cada unha

 

A bolsa é compatíbel con outras bolsas concedidas por unha institución ou organismo de carácter público ou privado, mais cómpre que o estudante o indique.

O solicitante deberá rexistrarse previamente na web (enlace directo a página inscripción) para poder acceder ao formulario en liña e cubrir a solicitude. A solicitude deberá incluír os seguintes documentos en formato pdf ou imaxe (jpg ou gif) nun ficheiro que non supere os 2MB:

 

  1. Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.

  2. Certificación académica dos últimos estudos realizados previos ao acceso ao ciclo formativo, en caso de estar no segundo ano do ciclo formativo será suficiente coas notas do curso anterior

  3. DNI ou NIE

 

E, se procede nos casos previstos, deberanse anexar os seguintes documentos escaneados:

 

  1. Libro de familia

  2. Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)

  3. Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores

  4. Certificado de desemprego do estudante

  5. Certificado/s o de prestación de xubilación

  6. Xustificación de ter obtido outra bolsa

 

 

Recomendamos que se revise coidadosamente a información e documentación aportada, dado que unha vez enviada a solicitude, non se poderá modificar, nin se poderá engadir ningunha outra documentación.

 

Lembra:

Non se admitirán outras formas de envío da documentación distintas á plataforma en liña

 

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases, e se excluirán os candidatos que non reúnan os requisitos establecidos nestas, así como as solicitudes dos candidatos que non conteñan tódolos datos requiridos, non axunten a documentación solicitada ou estean cubertas de forma errónea ou non veraz.

 

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos.

 

A falsidade dos datos aportados ou a ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente supón a invalidez da solicitude.

 

A simple presentación da solicitude supón a aceptación íntegra e sen reservas das presentes Bases Legais para a Convocatoria de Becas de Formación Profesional. (enlace al pdf Bases Legales)

 

Prazo de presentación

O prazo para presentar a solicitude será do 2 de xullo até o 16 de outubro de 2018.

 

A solicitude da bolsa presentarse nos prazos indicados e non se admitirán as solicitudes enviadas fora de prazo ou por outros medios aos indicados anteriormente.

O proceso de selección e adxudicación de bolsas desenvólvese nun réxime de concorrencia competitiva que implica que as inscricións serán avaliadas ao mesmo tempo e cos mesmos criterios tendo todos os estudantes presentados as mesmas oportunidades.

 

Criterios de adxudicación das bolsas

A adxudicación das bolsas segue o sistema de puntuación que se pode consultar en detalle nas Bases Legais

PMF

O abonamento da bolsa farase en dous prazos: o 1º prazo de 300 € en novembro; e o 2º prazo de 500 €, outubro do ano seguinte, tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais. Os abonamentos realizaranse preferibelmente mediante transferencia bancaria unha vez comprobada a orixinalidade dos documentos enviados.

Un dos requisitos é ter nacido posteriormente ao 31 de decembro de 1981, é dicir, ter 35 anos ou menos no 2018.

Cálculo da nota media do expediente académico: calcúlase coas cualificacións numéricas finais do curso académico que dan acceso ao CFGM ou CFGS obtidas polos estudantes na escala 0 a 10 segundo o seguinte baremo:

  •     Matrícula de honor: 10 puntos
  •     Sobresaínte: 9 puntos
  •     Notable: 7,5 puntos
  •     Aprobado ou apto: 5,5 puntos
  •     Suspenso, non presentado ou non apto: 2,5 puntos
  •     non se conta a materia de relixión nin as materias sen puntuación numérica (Apto, Validado, Exento).

Nota media aritmética = dividir o núm. total de puntos obtidos entre o núm. total de materias (dous decimais)

Os seguintes documentos enviaranse escaneados ou en formato pdf ou imaxe (jpg ou gif) nun ficheiro que non supere os 2MB

  • Matrícula, preinscrición ou reserva de praza nalgún dos centros educativos dos municipios indicados.
  • Certificación académica oficial emitida polo centro educativo no que se cursaron os estudos que permiten o acceso ao ciclo formativo.
  • DNI ou NIE

E, se procede, nos casos previstos:

  • Libro de familia
  • Certificado de discapacidade (igual o superior ao 33 %)
  • Certificado/s de desemprego de pai, mai, ámbolos dous ou titores
  • Certificado de desemprego do estudante
  • Certificado/s o de prestación de xubilación
  • Xustificación de ter obtido outra bolsa

  • A obtención doutras bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración, ente público ou privado
  • A anulación de matrícula ou a baixa no centro educativo
  • Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa.

As comunicacións realizaranse a través da conta de usuario, no apartado «Comunicacións».

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

Si, é compatíbel con calquera outra bolsa, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña

  • Solicitar unha bolsa
  • Consultar o estado da solicitude
  • Comunicar calquera incidencia
  • Aportar documentación requirida
  • Realizar consulta ou solicitar axuda

O estudante responsabilízase da veracidade dos datos e da documentación que aporta asumindo, en caso contrario, as responsabilidades que puidesen derivarse das inexactitudes ou contrariedades dos mesmos. A falsidade dos datos aportados ou a ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados anteriormente suporá a invalidez da solicitude, ou, no caso de que xa se concedera a bolsa ou entregado as cantidades, a nulidade da súa concesión e a obrigación do estudante de devolver os importes recibidos máis os correspondentes intereses de demora.

Dende calquera dispositivo, a plataforma está adaptada a un nivel de accesibilidade AA

Si, o estudante pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2016 Se poderá solicitar a través do apartado «Comunicacións» da plataforma e enviarase por correo postal.

Pódese recuperar no apartado «Recuperar contrasinal»

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando o envío da solicitude.

O estudante non recibirá a 2ª parte do abonamento das bolsas correspondentes a 500 €

O estudante recibirá o abono correspondente á beca en dous prazos: o primeiro en novembro e o segundo en outubro do seguinte ano tralo envío do expediente académico certificando que aprobou todos os módulos profesionais.

Ademais, o estudante bolseiro pode solicitar un certificado no que conste que foi beneficiario dunha beca da convocatoria 2018

Si, pódese comprobar, mais en ningún momento poderá ser modificada.

O estudante recibirá un correo electrónico confirmando a preadxudicación. Cando se reciba esta notificación, será necesario que o estudante envíe o Documento de Aceptación da bolsa asinado e escaneado nun prazo máximo de 5 días. Si non se recibe o documento no devandito prazo, perderá o dereito á bolsa. O estudante recibirá un novo correo electrónico confirmando a adxudicación formal da bolsa.

O estudante recibirá un cheque bancario nominativo polos importes referidos que será enviado por correo ordinario ao enderezo que indique no formulario de solicitude

Non se admitirá ningunha solicitude que non se axuste estritamente ás presentes bases e que conteña tódolos documentos requiridos no apartado Documentación a axuntar. A ausencia ou defecto de forma de calquera dos documentos mencionados supón a invalidez da solicitude.

Podes poñerte en contacto cos xestores do programa a través de HelpDesk

As reclamacións presentaranse por escrito a través da plataforma en liña (Área Persoal do Estudante - Apartado Comunicacións) dirixidas ao Comité de Selección. O prazo para a presentación dunha reclamación será de 5 días hábiles unha vez recibido o correo electrónico de comunicación.

Explicación das razóns polas que o estudante solicita unha bolsa

Non se admitirán solicitudes que cheguen por outros medios, como correo postal ou electrónico. Só se admiten solicitudes recibidas a través da plataforma en liña.

Podes escribir a través da túa Área Persoal ou a través de HelpDesk

Si, sempre que o estudante reúna os requisitos indicados nas bases legais.

O requisito para solicitar unha bolsa é estar matriculado, ter feito una preinscrición ou unha reserva nalgún dos centros educativos dos seguintes municipios: A Coruña, Arteixo, Cartagena, La Unión, Abanto-Zierbena, Muskiz e Zierbena, Puertollano, Tarragona, Reus, Valls e Vila-seca.

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 2 de xullo e se estenderá até o 16 de outubro de 2018.

Si, mais cómpre que o estudante declare esta situación no formulario en liña.

A solicitude ten que formalizarse mediante o formulario accesíbel a través do seguinte enderezo web becasfp.fundacionrepsol.com

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.

Non, o estudante ten que estar matriculado do curso completo de réxime ordinario impartido no centro docente.